|
|
Semella que foi onte, pero foi no outono de 1992, cando, pola iniciativa do
Consello de Saúde da Zona Básica de Sárdoma (Vigo), saíu do prelo o primeiro
número deste boletín, CANTEIRA DE SAÚDE, que leva o nome do lugar onde se asenta
o Centro de Saúde de Sárdoma; de canteira de pedra, para empedrar Vigo, pasamos
a ser unha canteira educativa e de fomento do autocuidado na saúde e na enfermidade.
Ao desaparecer o Consello de Saúde, un grupo de profesionais de Atención Primaria (AP)
do Servizo Galego de Saúde da Área de Vigo continuó editandoo como Boletín de Educación
para a Saúde na Comunidade.
O colectivo de profesionais* que leva traballando neste Boletín dende o ano 1993, aprobou
en Xuño de 2007 os estatutos polos que se creou CANTEIRA DE SAÚDE, Sociedade Galega de
Educación para a Saúde na Comunidade (EpS), como Asociación Cidadá e Multidisciplinaria
sen fin de lucro, que pretende realizar, ademáis da edición do Boletín impreso, outras
actividades relacionadas co a educación sanitaria dos cidadáns.
Ao longo de estos anos editamos, dun xeito totalmente altruista, 36 números con
multitude de temas diferentes, dende información sobre a actividade nos centros,
pasando por temas polémicos e controvertidos da actualidade sanitaria, até temas
de fomento en saúde comunitaria e, como non, de prevención e coidados na saúde e
na enfermidade.
Tentavamos manter una periodicidade case que estacional, ainda que tivéramos, e
seguimos a ter, un importante problema coa financión. Ao pricipio ésta fíxose
en parte pola Xerencia de AP e o Concello de Vigo, mais moi pronto , ao non
contar cun apoio económico estábel por parte das administracións públicas,
tivemos que recurrir ao patrocinio de diversas entidades privadas: na primeira
época, a do branco e negro, por CaixaVigo, que durante varios anos asumiu
íntegramente todos os gastos de deseño e edición, ainda que despois, tra-la
sua reconversión en CaixaNova, as suas achegas foron cada vez menores até
desaparecer; na segunda época, a da cuatricomia, tivemos o apoio dos
laboratorios farmacéuticos Pfizer e Esteve e no inicio desta terceira época
(expansión) o de Esteve e Almirall, xunto con algunas axudas dos Concellos
de Vigo e Redondela , da Secretaria Xeral de Política Lingüística da
Presidencia da Xunta e a subvención da Dirección Xeral de Saúde Pública da
Consellería de Sanidade.
A tiraxe dos números publicados até agora oscilou entre os 2.000 e os 17.000
exemplares e entre 2 e 4 números ao ano, segundo o orzamento dipoñíbel.
A distribución até o número 32 fíxose principalmente nos centros de saúde
vigueses de Sárdoma, Matamá e Bembrive, as asociación de veciños e os
colexios de primaria das nosas zonas de traballo. Cos números 33 e 34
iniciamos a expansión do Boletín por outros centros, asociacións e colexios,
coa idea de acadar, polo menos, toda a área sanitaria de Vigo. O número 36,
publicado en 2008 cunha tirada de 10.000 exemplares, xa chegou a bastantes
centros de Pontevedra e as áreas sanitarias das outras provincias e a outros
colectivos galegos. Coa saída, tamén o ano pasado, do monográfico “Tabaco ou
Saúde, ti decides!” comenzamos unha nova serie de publicacións e continuamos
a medrar, en tiraxe (17.000 exemplares) e tamén en difusión pola comunidade galega.
A Coordinación Editorial foi una tarefa alternativa, realizada por Fernando Lago
ata o 2002, e conxuntamente con Moncho Velhas ata o 2006 e dende entón por
Moncho Velhas, co apoio ocasional dos outro membros do colectivo de profesionais
sanitarios e non sanitarios que impulsamos a redacción do Boletín.
O Consello Editorial mantívose máis ou menos estábel ao longo das dúas
primeiras épocas do Boletín, de exceptuarmos os tres primeiros números. Para
esta terceira etapa incorporáronse novos membros, polo que se compón actualmente
de tres médicos, un farmacéutico e tres enfermeiros, aínda que desexaríamos que
fose máis heteroxéneo e multidisciplinar, coa presenza de profesionais doutros
campos relacionados ca educación para a saúde. Os Colaboradores na redacción dos
temas publicados, ademáis dos membros do Equpo de Redacción, foron outros
profesionais sanitarios e non sanitarios e algúns usuarios dos centros de saúde
vinculados cos temas tratados no Boletín. Tanto o traballo como as colaboracións
solicitadas foron realizados de maneira desinteresada.
As dificultades
Aínda que o poida parecer, este camiño de 15 longos anos contribuindo a EpS non
foi un camiño de rosas. Un dos principais problemas para manter vivo o Boletín é,
como xa dixemos, dispor de financiamento para que esta iniciativa poda continuar
sendo una realidade sen ánimo de lucro. É agora mesmo o noso grande cabalo de
batalla.
A supervivencia de CANTEIRA DE SAÚDE pasa por procurar novas fórmulas para
conseguir, por fin, a estabilidade orzamentaria co gallo de seguir a avanzar
neste voso proxecto. Niso andamos …
CANTEIRA HOXE
Coidamos que CANTEIRA pode ser unha ferramenta máis de traballo na escola e
un medio específico de información e educación sanitaria para outros grupos
sociais da nosa Comunidade.
Coa constitución da Asociación e a saida a Internet, tras estos anos de
historia, tentamos medrar e chegar a outros públicos; a máis lectores, centros
de saúde, asociacións comunitarias; a máis centros escolares e colectivos de
traballadores; en definitiva a máis cidadáns.
“Ti e máis eu, os vecinos, o profe e os seus alumnos, o persoal dos centros,
os compas de traballo, … a Comunidade”. CANTEIRA somos todos!
Moncho J. Velhas Pereira.
“CANTEIRA DE SAÚDE”
Sociedade Galega de EpS na Comunidade Centro de Saúde de Sárdoma (Vigo)
(*) Socios Fundadores da Asociación Canteira de Saúde: F. Lago Deibe (Médico de Familia),
M. Velhas Pereira (Enfermeiro de AP), J.R. Moliner de la Puente (Médico de Familia),
J. M. Sáez de Biteri Arranz (Médico de Familia), X.M. Parente Mojón (Enfermeiro de
AP), A. Carrera Merino (Farmacéutico de AP), J.A. Río Orgeira (Enfermeiro de AP)
|
|
|
|
|