PRESENTACION  HISTORIA DUN BOLETÍN DE SAÚDE  NÓS  QUE FACER
 PUBLICACIÓNS  ACTIVIDADES E CAMPAÑAS  ADHESIÓN





por Fernando Lago Deibe, Presidente da Asociación CANTEIRA DE SAÚDE

Os visitantes que accedan por primeira vez á web de CANTEIRA DE SAÚDE e que non coñezan o noso Boletín, pensarán que se trata de unha nova publicación, pois cecais nunca a viran antes nos seus centros ou asociacións. Nadas máis lonxe da realidade: CANTEIRA DE SAÚDE leva máis de 15 anos mirando pola saúde dos cidadáns. Consideramos que a saúde, como ben valioso e escaso, é un obxectivo de todos: cidadáns, profesionais sanitarios e gobernantes, polo que hai que conservala e mellorala tamén entre todos: de aí a importancia da participación comunitaria no incremento da información e formación sanitaria. Para contribuir a ésta, comenzou aló polo ano 1992 a publicación do Boletín CANTEIRA DE SAÚDE como unha iniciativa do desaparecido Consello de Saúde da Zona de Sárdoma. Dende o 2007 este Boletín forma parte dun proxecto máis amplo: “CANTEIRA DE SAÚDE, Sociedade Galega de Educación para a Saúde na Comunidade”

Porén qué é CANTEIRA DE SAÚDE?

O fin fundacional da Asociación “CANTEIRA DE SAÚDE”, é favorecer, mediante a Educación para a Saúde (EpS), a adopción polos cidadáns dun estilo de vida saudable e ecolóxico e, como consecuencia, a obtención dun maior benestar e calidade de vida. Cremos que este portal web, xunto coa edición do Boletín “CANTEIRA DE SAÚDE”, que até agora era a actividade central da Asociación, as novas publicacións que editamos e as outras actividades en proxecto (campañas, obradoiros, charlas, xornadas, mesas redondas…) poden ser ferramentas importanteso que contribúan a acadar este fin dun xeito máis aberto e interactivo. A constitución desta Sociedade conleva a necesidade de contar con varios tipos de socios, non só voluntarios e benfeitores individuais, senón tamén institucionais, comunitarios e corporativos, que contribúan mediante o seu traballo, as súas cotas e patrocinios, ao mantemento e desenvolvemento de esta iniciativa.
Aproveitamos a presentación deste sitiol para convidarvos a todos os amigos de CANTEIRA; ás entidades comunitarias, institucións e empresas privadas e, en xeral, a todos os cidadáns que queran axudar no seu desenvolvemento, para que os faigades socios da Asociación, por que CANTEIRA SOMO TODOS ! Grazas de antemán polo voso apoio e participación.

Recibide un saúdo de todos os que facemos CANTEIRA DE SAÚDE,

Fernando I. Lago Deibe (Presidente).
Moncho J. Velhas Pereira (Vicepresidente).
Antonio Carrena Merino (Secretario).
José Ramón Moliner de la Puente (Tesoreiro).
Xosé Manuel Parente Mojón (Vogal 1).
José Antonio Río Orgeira (Vogal 2).

Xunta Directiva da Asociación Cidadá e Multidisciplinaria “CANTEIRA DE SAÚDE”
Sociedade Galega de EpS na Comunidade Centro de Saúde de Sárdoma (Vigo)
EXPOSICON SOLAR E CANCRO DE PEL...